Xornadas de Portas Abertas CIM 2022

Coñece o CIM na rúa

21 de outubro de 2022

17:00 a 20:00

Centro comercial A Laxe (Vigo)

Embárcate co CIM

5 de novembro de 2022

Quenda 1: de 9:00 a 12:00

Quenda 2: de 12:15 a 15:15

Quenda 3: de 16:00 a 19:00

O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo é un dos oito Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG), acreditados pola Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia en xaneiro de 2020, e cofinanciado pola Xunta e a UE a través dos fondos FEDER. No ano 2016, o CIM recibiu o distintivo de Centro Singular de Investigación de Galicia de 2016-2019, sendo o único centro mariño en Galicia con este recoñecemento. Esta distinción convérteo no elemento central da estratexia mariña do SUG, potenciando a súa capacidade para contribuír ao avance das ciencias e da educación oceánicas cunha parte sustancial do investimento autonómico en investigación. Desta forma, e tras unha longa andadura, o CIM logrou situarse como referente na xeración, transferencia e divulgación do coñecemento sobre o ecosistema mariño e costeiro e no desenvolvemento dun coñecemento azul sostible.

 

O CIM pon en marcha esta serie de actividades de balde co obxectivo de dar a coñecer a investigación mariña de vangarda que se leva a cabo na Universidade de Vigo e a súa importancia de cara á sociedade, así como as instalacións da Estación Ciencias Marinas de Toralla (ECIMAT) como principal infraestrutura de investigación do CIM. Tamén se procura divulgar aspectos científicos do medio mariño relacionados coa ría de Vigo. A participación nestas actividades implica necesariamente a autorización á organización para a obtención de fotografías e a gravación de vídeo, que serán utilizados nas webs da Universidade de Vigo e nas súas redes sociais.

 

Estas xornadas divulgativas terán lugar os días 21 de outubro e o 5 de novembro de 2022 e constará de dous actividades diferentes:

Coñece o CIM na rúa – venres 21 de outubro de 2022: o persoal investigador das diferentes áreas do CIM achéganse ao interior do centro comercial A Laxe cunha serie de obradoiros e actividades divulgativas para dar a coñecer o seu traballo de investigación mariña. Será entre as 17:00 e as 20:00 h. Non é preciso inscrición previa e a entrada é libre.

Embárcate co CIM – sábado 5 de novembro de 2022: Actividade de 3 horas de duración (cada quenda) que comprende un traxecto en barco dende A Laxe a ECIMAT, visita ao centro, actividades guiadas e regreso a A Laxe.

Logo CIM
Logo Campus do Mar
Logo Xunta
Logo GUS
Logo UE
Logo Fondos Europeos