– Coñece o CIM na rúa – venres 21 de outubro de 2022: o persoal investigador das diferentes áreas do CIM achéganse ao interior do centro comercial A Laxe cunha serie de obradoiros e actividades divulgativas para dar a coñecer o seu traballo de investigación mariña. Será entre as 17:00 e as 20:00 h. Non é preciso inscrición previa e a entrada é libre.
– Embárcate co CIM – sábado 5 de novembro de 2022: Actividade de 3 horas de duración (cada quenda) que comprende un traxecto en barco dende A Laxe a ECIMAT, visita ao centro, actividades guiadas e regreso a A Laxe.
Centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación que desenvolve a súa actividade científica no ámbito da privacidade e da seguridade, as tecnoloxías multimedia, as redes de datos, os e-servizos, a bioenxeñaría, o radar e as comunicacións por satélite e radio e ópticas.
Centro de investigación mariña con liñas de investigación relacionadas coa biodiversidade e a ecoloxía, coa calidade ambiental e a contaminación mariña, coa explotación sustentable dos recursos mariños, a observación do océano e do cambio global e a xestión integral da zona costeira.
Centro multidisciplinar que nace da necesidade de dotar dun equipamento e infraestrutura común ao persoal investigador especializado en biomedicina. Ofrece servizos de investigación e conta con instalacións bio-experimentais e cun laboratorio BSL3, único no noroeste peninsular.
Infraestrutura de apoio á investigación, desenvolvemento e transferencia no campo das tecnoloxías, enerxías e procesos industriais.
Centro de Investigación Interuniversitario que traballa no eido da sustentabilidade económica, ambiental e social co obxectivo de dar resposta ós grandes retos e desafíos da sociedade, abordándoos dende o punto de vista da investigación, a docencia, a innovación e a transferencia de coñecemento.