Durante 3h as persoas participantes nesta actividade poderán desfrutar da combinación de diferentes experiencias:
• Traxecto en barco-aula dende o Peirao de A Laxe ata a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, do CIM. Durante o percorrido as persoas participantes poderán aprender cuestións interesantes sobre a ría de Vigo, descubrir o funcionamento dun robot subacuático e outras experiencias de investigación mariña.
• Chegada a Toralla e visita guiada pola ECIMAT da man de persoal investigador do CIM.
Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
Promover o Desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade
“Unha maneira de facer Europa”