Xornadas de Portas Abertas CIM 2018

O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo pon en marcha esta serie de actividades de balde co obxectivo de dar a coñecer a investigación mariña de vangarda que se leva a cabo na Universidade de Vigo e a súa importancia de cara á sociedade, así como as instalacións da Estación Ciencias Marinas de Toralla (ECIMAT) como principal infraestrutura de investigación do CIM. Tamén se procura divulgar aspectos científicos do medio mariño relacionados coa ría de Vigo. A participación nestas actividades implica necesariamente a autorización á organización para a obtención de fotografías e a gravación de vídeo, que serán utilizados nas webs da Universidade de Vigo e nas súas redes sociais.

 

 

Esta xornada divulgativa terá lugar o sábado 6 de outubro e constará de dúas actividades diferentes.

‘Embárcate co CIM’

Durante 2h 30m as persoas participantes nesta actividade poderán desfrutar da combinación de diferentes experiencias:

  • Traxecto en barco-aula dende o peirao de A Laxe ata a ECIMAT. Durante o percorrido as persoas participantes poderán aprender cuestións interesantes sobre a ría de Vigo e descubrir o funcionamento dun robot subacuático. Ademais farase unha pequena práctica-mostra cunha draga mini ou cun pistón de man.
  • Obradoiro sobre as novas tecnoloxías aplicadas ao medio mariño na praia de Toralla.
  • Visita guiada pola ECIMAT da man de investigadores do CIM e especialistas en divulgación mariña.
  • Actividade interactiva de laboratorio relacionada coa investigación diaria que se realiza no centro.
  • Regreso á Laxe. Durante o traxecto recollerase unha mostra de zooplancton da ría cunha manga e observarase a través dunha lupa binocular.

 

Horarios: haberá unha quenda de mañá, con saída ás 09.00 e 12.00 horas, e outro de tarde, ás 15.00 e 18.00 horas.

Inscricións pechadas.

‘Coñece o CIM’

De forma simultánea ao programa anterior farase unha xornada de portas abertas na ECIMAT, con visitas guiadas para grupos de ata 20 persoas.

 

Estes percorridos terán 1h 30m de duración e nelas as persoas participantes poderán coñecer as instalacións do CIM e a algúns membros do seu equipo investigador. Visitarase, por exemplo, o peirao, os laboratorios húmidos e secos, as cámaras de cultivo de fitoplancton e zooplancton, a sala de maquinaria…

 

Horario: as visitas guiadas realizaranse durante todo o día e comezarán ás 09.00, 10.30, 12.00, 16.00, 17.30 e 19.00 horas.

Preséntate oa final da ponte da illa de Toralla

(10 minutos antes da actividade)

Así foi a actividade

Logo CIM
Logo Campus do Mar
Logo Xunta
Logo GUS
Logo UE
Logo Fondos Europeos