Xornadas de Portas Abertas CIM 2021

O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo é un dos oito Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG), acreditados pola Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia en xaneiro de 2020, e cofinanciado pola Xunta e a UE a través dos fondos FEDER. No ano 2016, o CIM recibiu o distintivo de Centro Singular de Investigación de Galicia de 2016-2019, sendo o único centro mariño en Galicia con este recoñecemento. Esta distinción convérteo no elemento central da estratexia mariña do SUG, potenciando a súa capacidade para contribuír ao avance das ciencias e da educación oceánicas cunha parte sustancial do investimento autonómico en investigación. Desta forma, e tras unha longa andadura, o CIM logrou situarse como referente na xeración, transferencia e divulgación do coñecemento sobre o ecosistema mariño e costeiro e no desenvolvemento dun coñecemento azul sostible.

 

O CIM pon en marcha esta serie de actividades de balde co obxectivo de dar a coñecer a investigación mariña de vangarda que se leva a cabo na Universidade de Vigo e a súa importancia de cara á sociedade, así como as instalacións da Estación Ciencias Marinas de Toralla (ECIMAT) como principal infraestrutura de investigación do CIM. Tamén se procura divulgar aspectos científicos do medio mariño relacionados coa ría de Vigo. A participación nestas actividades implica necesariamente a autorización á organización para a obtención de fotografías e a gravación de vídeo, que serán utilizados nas webs da Universidade de Vigo e nas súas redes sociais.

 

Estas xornadas divulgativas terán lugar os días 22, 23 e 29 de outubro de 2021 e constará de tres actividades diferentes:

Coñece o CIM no Campus de Vigo – venres 22 de outubro: actividade de en torno a unha hora e corenta minutos de duración que comprende unha visita guiada ás instalacións do CIM no Campus Universitario de Vigo.

Embárcate co CIM – sábado 23 de outubro: Actividade de 3 horas de duración que comprende un traxecto en barco dende A Laxe a ECIMAT, visita ao centro, actividades guiadas e regreso a A Laxe.

Coñece o CIM no Campus de Ourense – venres 29 de outubro: actividade de en torno a 30 min de duración que comprende unha visita guiada ás instalacións do CIM no Campus Universitario de Ourense.

‘Coñece o CIM no Campus de Vigo’ – venres 22 de outubro de 2021

Actividade de 1 hora e 40 min de duración aprox. consistente nunha xornada de portas abertas no Campus Universitario de Vigo, con visitas guiadas para grupos de ata 10 persoas por quenda.

Este percorrido terá 1h 30 min de duración aproximadamente e nel as persoas participantes poderán coñecer as instalacións do CIM no Campus visitando a varios grupos de investigación no edificio de Ciencias Experimentais e no edificio Olimpia Valencia da Universidade de Vigo. Os participantes terán o reto de dar resposta a 4 preguntas que terán que averiguar durante a súa visita e facelo con éxito lles dará dereito a un agasallo de recordo.
Quendas:
Quenda 1: 16:00 h no Campus – Entrada Facultade de Químicas (saída ás 15:15h de Vigo para as persoas que soliciten o transporte ao Campus dende Vigo)
Quenda 2: 16:30 h no Campus – Entrada Facultade de Químicas (saída ás 15:45h de Vigo para as persoas que soliciten o transporte ao Campus dende Vigo)
 
Punto de encontro: Facultade de Química – Universidade de Vigo https://goo.gl/maps/oZY4hi42jNDcGbH39
 
Servizo de transporte Vigo-Campus dipoñible na inscrición. Saída dende Praza de España e Praza de América.

Inscricións

Formulario inscrición

Quenda 1: 16:00 a 17:30 h

Formulario inscrición

Quenda 2: 16:30 a 18:00 h

‘Embárcate co CIM’ – sábado 23 de outubro de 2021

Durante 3h as persoas participantes nesta actividade poderán desfrutar da combinación de diferentes experiencias:

• Traxecto en barco-aula dende o Peirao de A Laxe ata a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, do CIM. Durante o percorrido as persoas participantes poderán aprender cuestións interesantes sobre a ría de Vigo, descubrir o funcionamento dun robot subacuático e outras experiencias de investigación mariña.
• Chegada a Toralla e visita guiada pola ECIMAT da man de persoal investigador do CIM.
• Regreso en barco-aula ao Peirao de A Laxe.
 
Quendas:

Primeira quenda: 09:00h – 12:00h

Segunda quenda: 12:15h – 15:15h

Terceira quenda: 16:00h – 19:00h

Punto de encontro: Oficina de Ocean Secrets – Club Náutico de Vigo: https://g.page/oceansecretsvigo?share

Inscricións

Formulario inscrición

Quenda 1: 09:00 a 12:00 h

Formulario inscrición

Quenda 2: 12:15 a 15:15 h

Formulario inscrición

Quenda 3: 16:00 a 19:00 h

‘Coñece o CIM no Campus de Ourense’ – venres 29 de outubro

Actividade de 40 min de duración aproximadamente consistente nunha xornada de portas abertas no Campus Universitario de Ourense da Universidade de Vigo. Nesta visita poderáse coñecer ao Grupo de investigación EPhysLab pertencente ao CIM e aprender sobre o seu traballo de investigación.
Quenda: 12:00 – 12:40
 
Punto de encontro: Edificio Campus da Auga de Ourense

Inscrición

Formulario inscrición (30 plazas)

Así foi a actividade

Logo CIM
Logo Campus do Mar
Logo Xunta
Logo Xunta
Logo GUS
Logo UE
Logo Fondos Europeos