ACTIVIDADES

CIM

Descobre o traballo que se realiza no CIM e a súa importancia para a sociedade mentres visitas as súas instalacións cunha combinación de diferentes experiencias.

 

6 de outubro

Investiga co CINBIO durante as súas xornadas de portas abertas en Vigo e en Ourense, durante as que se desenvolverán diferentes actividades e obradoiros.

 

Vigo, 19 e 26 de outubro

Ourense, 20 e 27 de outubro

Demostracións prácticas e pedagóxicas sobre o funcionamento das novas tecnoloxías. Máis información proximamente.

 

9 de novembro

CENTRO SINGULARES

DE INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Centro de investigación mariña con liñas de investigación relacionadas coa biodiversidade e a ecoloxía, coa calidade ambiental e a contaminación mariña, coa explotación sustentable dos recursos mariños, a observación do océano e do cambio global e a xestión integral da zona costeira.

Centro multidisciplinar que nace da necesidade de dotar dun equipamento e infraestrutura común ao persoal investigador especializado en biomedicina. Ofrece servizos de investigación e conta con instalacións bio-experimentais e cun laboratorio BSL3, único no noroeste peninsular.

Centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación que desenvolve a súa actividade científica no ámbito da privacidade e da seguridade, as tecnoloxías multimedia, as redes de datos, os e-servizos, a bioenxeñaría, o radar e as comunicacións por satélite e radio e ópticas.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA Á SOCIEDADE DOS CENTROS SINGULARES DE INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA Á SOCIEDADE DOS CENTROS SINGULARES DE INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO