Embárcate co CIM – Edición empresas e entidades colaboradoras

Construíndo xuntos a economía azul!

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) organiza a xornada “Embárcate co CIM – Edición empresas e entidades colaboradoras”. Este encontro é unha plataforma para explorar vías de colaboración futura, onde poidamos discutir e planificar conxuntamente como abordar os desafíos que enfronta tanto a economía como a sociedade galega.

Onde

Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat) do CIM (Vigo)

Cando

Data adiada

Horario

Entre as 11:30 e as 15 horas

Quen?

O CIM é un centro interdisciplinario recoñecido a nivel nacional e internacional como líder en innovación, transferencia e divulgación no ámbito mariño. A nosa destacada posición nos sistemas de innovación internacional e o noso papel estratéxico na investigación mariña en Galicia convértenos nun socio ideal para abordar os desafíos actuais relacionados coa conservación e o uso sostible dos océanos. Na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat), o Centro dispón de instalacións de vangarda a pé de mar e servizos científico-técnicos especializados dos que pode facer uso calquera entidade pública ou privada interesada na investigación mariña.

Asistirán os investigadores/as principais do centro que lideran as súas disciplinas e que están a traballar en investigacións de vangarda respondendo aos retos da sociedade.

Para quen?

  • Empresas do sector mariño galego
  • Asociacións ou organizacións vinculadas co sector mariño e socioeconómico galego
  • Empresas do sector enerxético, biotecnolóxico e ambiental
  • Federacións e agrupacións sectoriais vinculadas co mar
  • Fundacións e entidades con inquedanzas medioambientais ou sociais
  • Administración pública local
  • Mecenas e inversores

Para que?

A colaboración co CIM pode ofrecer novas oportunidades a entidades públicas, privadas, e mesmo a persoas comprometidas co futuro dos océanos e a sostibilidade. Da man do CIM, Centro recoñecido internacionalmente pola súa capacidade en innovación e transferencia de coñecemento, as organizacións poderán participar e beneficiarse das investigacións de vangarda que están a definir o futuro do uso sostible dos recursos mariños.

Esta colaboración pode materializarse en:

  • Acceso e promoción da investigación de vangarda: as empresas e organizacións poden promover novas liñas de investigación conxuntas co noso persoal investigador relacionadas cos últimos avances no campo da economía azul, obtendo acceso a novas tecnoloxías e procesos que incrementen a súa competitividade e eficiencia.
  • Desenvolvemento de solucións innovadoras e sostibles: ao traballar en colaboración co CIM, as entidades poden participar activamente no desenvolvemento de solucións innovadoras para os desafíos que enfronta a industria mariña, o que inclúe a xestión sustentable dos recursos mariños, a adaptación ao cambio climático e a redución do impacto ambiental.
  • Fortalecemento da responsabilidade social e ambiental: as organizacións que colaboran co CIM demostran un compromiso firme coa sostibilidade e a conservación dos océanos, o que pode potenciar a súa imaxe pública e aliñarse máis estreitamente coas expectativas dos consumidores e reguladores respecto á responsabilidade corporativa.
  • Apoio na obtención de financiamento e subvencións: podemos establecer acordos e colaboracións a través dos que acceder a financiamento e subvencións dispoñibles para proxectos de investigación, desenvolvemento e transferencia, o que é crucial para aumentar a competitividade e o crecemento empresarial.
  • Oportunidades de networking: participar en eventos organizados polo CIM, permite ás entidades involucradas establecer contactos con líderes en diversas áreas de investigación mariña, facilitando oportunidades de colaboración e asociación estratéxica.
  • Formación e educación: o CIM ofrece acceso a programas de formación e desenvolvemento profesional que poden beneficiar ao persoal das entidades colaboradoras, asegurando que estean ao tanto das últimas tendencias no seu campo.
  • Mecenado e patrocinio: apoiar ao CIM non só fomenta avances significativos na investigación e conservación mariña, senón que tamén potencia o compromiso corporativo co desenvolvemento sostible, ofertando visibilidade estratéxica, acceso a innovacións científicas e oportunidades para influír en proxectos que modelan o futuro dos nosos océanos e comunidades costeiras. Este mecenado subliña un investimento directo na saúde ambiental global e na responsabilidade social, establecendo alianzas no ámbito científico e tecnolóxico mariño.

Como?

Na ECIMAT poderase coñecer de primeira man as instalacións de referencia internacional, coa guia de membros do noso equipo de investigación, que compartirán os últimos avances no campo da ciencia mariña. Esta visita amosará o traballo en curso e revelará como entre todos se pode contribuir a estes esforzos de investigación.

 

A xornada continuará cun cóctel de networking , onde haberá oportunidade de conectar con outros representantes da industria, investigadores e investigadoras e entidades locais e rexionais, fomentando así un ambiente de colaboración.

 

O evento culminará cunha experiencia enriquecedora a bordo dun barco que sairá da illa. Este percorrido circular servirá como un paseo científico e unha oportunidade para establecer conversas significativas nun entorno inspirador.

 

Aquelas entidades interesadas poderán programar reunións preacordadas co persoal investigador ao final da xornada.

Axenda

11:30 h – Recepción na ECIMAT (Illa de Toralla)

Benvida ás nosas instalacións recoñecidas como Infraestrutura Europea de Investigación.

 

11:45 h – Presentación das liñas estratéxicas

Presentación da misión e visión do CIM, ao tempo que se tratarán as oportunidades e posibilidades de cooperación coas empresas públicas, privadas e organizacións civís.

 

12:10h – Explora e descubre

Visita das instalacións da ECIMAT. Descobre as tecnoloxías que están a cambiar o futuro da investigación mariña.

 

13:10 h – Cóctel de networking. Alianzas estratéxicas

É unha oportunidade perfecta para tecer redes con outros profesionais, compartir ideas e explorar futuras colaboracións.

 

14:00 h – Navega polo coñecemento

Embarca no “Ocean Secrets”. Esta travesía ilustra unha pequena parte da nosa exploración científica, ofrecendo un espazo adicional para reflexión e conversas enriquecedoras.

 

15:00 h – Despedida

 

15:30 h – Reunións bilaterais preacordadas

Máis información: comunicacion.cim@uvigo.gal

Logo CIM
Logo Campus do Mar
Logo Xunta
Logo GUS
Logo UE
Logo Fondos Europeos