Descobre máis sobre a investigación mariña co CIM

‘Escape room virtual’ – venres 7 de novembro de 2025

Escape room virtual baseado no mural que o CIM ten xunto coa Autoridade Porturia de Vigo e o Campus do Mar no edificio do Real Club Náutico de Vigo. Trátase dunha obra do artista vigués Delio Rodríguez en colaboración con investigadores e investigadoras do CIM e Campus do Mar que representa os piares da observación oceánica e o seu impacto no progreso da investigación mariña. O escape room virtual permitirá aos que se acheguen coñecer máis sobre a investigación oceánica que se realiza no centro dun xeito lúdico e divulgativo usando o móbil como principal ferramenta.

Os interesados en participar deberán achegarse á mesa informativa que estará ao lado do mural, na rúa.

Así foi a actividade

Logo Decenio
Logo Puerto de Vigo
Logo CIM
Logo Campus do Mar
Logo GUS
Logo UE
Logo Fondos Europeos