Explora o fascinante mundo da acuicultura sostible xogando nun taboleiro de grandes dimensións que espertará a túa curiosidade pola ciencia mariña, a investigación e a conservación dos ecosistemas acuáticos. Durante o xogo, poderás aprender de forma divertida como se crían especies mariñas de maneira responsable, xestionar recursos, e tomar decisións que afecten ao equilibrio do océano.
O acceso será libre e estará situado ao carón da estatua O Nadador en A Laxe, se o tempo o permite. O xogo está recomendado para maiores de 6 anos, con quendas de aproximadamente media hora. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente na mesa de recepción situada nas proximidades do xogo.