O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo pon en marcha esta serie de actividades de balde co obxectivo de dar a coñecer a investigación mariña de vangarda que se leva a cabo na Universidade de Vigo e a súa importancia de cara á sociedade, así como as instalacións da Estación Ciencias Marinas de Toralla (ECIMAT) como principal infraestrutura de investigación do CIM. Tamén se procura divulgar aspectos científicos do medio mariño relacionados coa ría de Vigo. A participación nestas actividades implica necesariamente a autorización á organización para a obtención de fotografías e a gravación de vídeo, que serán utilizados nas webs da Universidade de Vigo e nas súas redes sociais.
CAMBIO DE DATAS!! Esta xornada divulgativa terá lugar os días 29 e 30 de novembro de 2019* e constará de tres actividades diferentes:
– “Embárcate co CIM”: Actividade de 2h y 30 minutos de duración que comprende un traxecto en barco dende A Laxe a ECIMAT, visita ao centro, actividades guiadas e regreso a A Laxe.
– “Coñece o CIM en Toralla”: Actividade de 1 h de duración que comprende unha visita guiada ás instalacións do CIM en Toralla.
– “Coñece o CIM no Campus”: Actividade de 1 h de duración que comprende unha visita guiada ás instalacións do CIM no Campus Universitario de Vigo.
Para participar nas actividades é obrigatorio inscribirse previamente. Pode atopar os formularios de inscrición máis abaixo, na descrición de cada actividade.
*Esta nova data pode estar suxeita a cambios debido a cuestións meteorolóxicas.