atlanTTic 2019

XORNADA DE PORTAS ABERTAS  – venres, 15 de novembro de 2019

 

O centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, abrirá as súas portas ao público o vindeiro venres 15 de novembro entre as 16:00 e as 19:30 horas.

 

O persoal dos grupos que conforman o centro de investigación explicarán o que facemos, como o facemos e onde o facemos. Falaremos dos proxectos nos que traballamos, amosaremos os nosos laboratorios, os equipos que usamos e  ofreceremos talleres, experimentos e actividades.

 

Será un xeito diferente de pasar unha boa tarde, coñecendo máis en detalle a tecnoloxía, a infraestrutura da que dispomos e, como non, a todos os que aquí traballan.

 

Todo isto de forma gratuíta e para toda a familia.

Actividades:

 

Realizaranse varias demostracións prácticas e pedagóxicas para facer comprender a todas as persoas interesadas o funcionamento de distintos aspectos das telecomunicacións. Os obradoiros serán os seguintes:

Lightboard

Taller de Impresión 3D

Fabricación de placas de circuíto impreso (PCBs)

Redes de comunicación 5G

Comunicacións ópticas

Apps accesibles

Bot de Entretemento e Acompañamento (BEA)

Aplicacións accesibles: Panoramix

Se o vexo non o creo!

Biometría

Radar e xeolocalización

Nanosatélites

Visitas guiadas:

 

Durante esta xornada poderanse tamén visitar os nosos laboratorios e espazos como:

 

-> Laboratorio de seguimento de satélites (*)

-> Laboratorio de medidas radioeléctricas (*)

-> Laboratorios de acústica (*)

*As prazas son limitadas e as inscricións realizaranse in situ por rigorosa orde de chegada.

*A participación nestas actividades leva consigo o consentimento de que se tomen fotos e vídeos e de que estes poidan ser utilizados nas webs da Universidade de Vigo e nas súas redes sociais.

Así foi a actividade

Formulario estimación de asistencia visitas guiadas

 

Se tes pensado asistir ás visitas guiadas, podes encher o seguinte formulario, o cal nos axudará a ter una estimación das persoas participantes para a organización dos grupos en cada turno.

 

O formulario non é de inscrición, a inscrición nas visitas guiadas faráse in situ e por orde de chegada.

 

Moitas grazas de antemano.

 

Como chegar:

 

ESCOLA DE ENXEÑARÍA DE TELECOMUNICACIÓNS
UNIVERSIDADE DE VIGO
Campus Lagoas-Marcosende, s/n
36310 Vigo
42.177862, -8.688083

 

Tamén hai dispoñibles varias liñas de transporte público que chegan ata o campus universitario. Consulta aquí os horarios:

Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
Promover o Desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade
“Unha maneira de facer Europa”