Xornadas de Portas Abertas atlanTTic 2021

O centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, abrirá as súas portas ao público o vindeiro 26 de novembro entre as 16:00 e as 19:00 horas.

 

O persoal dos grupos que conforman o centro de investigación explicarán o que facemos, como o facemos e onde o facemos. Falaremos dos proxectos nos que traballamos, amosaremos os nosos laboratorios, os equipos que usamos e  ofreceremos talleres, experimentos e actividades.

 

Será un xeito diferente de pasar unha boa tarde, coñecendo máis en detalle a tecnoloxía, a infraestrutura da que dispomos e, como non, a todos os que aquí traballan.

‘atlanTTic portas abertas’ – 26 de novembro de 2021

Horario: 16.00 a 19.00 h

Máis información proximamente

Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
Promover o Desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade
“Unha maneira de facer Europa”