Aquí tes as respostas ás dúbidas máis habituais sobre as inscricións nas Xornadas de Portas Abertas do CIM 2026.
A inscrición é individual. Cada persoa que vaia participar ten que cubrir o seu propio formulario, tamén as nenas e os nenos.
As persoas menores de idade teñen que ir sempre acompañadas dunha persoa adulta, que tamén ten que estar inscrita na mesma actividade e quenda.
Si. Cada participante necesita a súa inscrición. Se vides en familia, cubride un formulario por cada membro, adultos e menores.
Non. A inscrición dunha persoa non inclúe a ninguén máis. A persoa menor e a persoa adulta que a acompaña teñen que facer cada unha a súa inscrición, na mesma actividade e quenda.
Non. As persoas menores de idade teñen que ir sempre acompañadas dunha persoa adulta inscrita.
Cando no formulario se indica unha idade inferior a 18 anos, aparece un campo para escribir o nome e apelidos da persoa adulta acompañante.
Ao enviar o formulario aparece na pantalla unha mensaxe de confirmación e recibirás un correo electrónico cos teus datos. Se non o atopas, revisa a carpeta de correo non desexado (spam).
Se ves a mensaxe de confirmación na pantalla, a inscrición está feita, aínda que o correo tarde en chegar.
Escribe a info@cienciasingular.gal indicando o teu nome, a actividade e os datos correctos.
Avísanos en info@cienciasingular.gal para que poidamos ofrecer a túa praza a outra persoa.
Si. Cando as prazas dunha actividade estean cubertas, habilitarase un formulario para apuntarse á lista de agarda.
Todas son gratuítas agás a excursión ás illas Cíes, que custa 8 € por persoa. Ese pago faise con tarxeta no propio formulario, ao enviar a inscrición.
Se a saída se aplaza ou se cancela por calquera motivo, devolvémosche o importe íntegro. Chegado o caso, indicaremos como solicitar a devolución.
Non se fan devolucións cando a persoa inscrita non pode asistir por causas alleas á actividade.
As prazas son nominativas: non se poden cambiar nin ceder a outra persoa.
Non. Coñece o CIM na rúa é de acceso libre, sen inscrición previa.
En cada actividade tes o lugar exacto, cunha ligazón a Google Maps, e o horario de cada quenda. Recomendámosche chegar uns minutos antes da hora indicada.
Para Embárcate en campaña hai que estar no punto de encontro 15 minutos antes da saída do barco.
Uns días antes, cando haxa unha previsión meteorolóxica fiable, se o prognóstico dá chuvia, a dirección do centro, o equipo técnico e o persoal de navegación avaliarán a situación e tomarán unha decisión, que se comunicará ás persoas inscritas.
Durante as actividades tomaranse fotografías e vídeos que se poden publicar nas webs da Universidade de Vigo e nas súas redes sociais. Aceptalo é necesario para completar a inscrición.
Teléfono: +34 619 38 83 68
Horario de atención: de 8:00 a 16:00
Correo electrónico: info@cienciasingular.gal