Na visita á Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) do CIM, as persoas participantes poderán afondar nas vantaxes de investigar a pé de mar e coñecer as instalacións e os servizos que fan deste espazo un lugar privilexiado para a investigación mariña.
O persoal técnico amosará como é o seu traballo diario e convidará ás persoas visitantes a participar en pequenos retos e actividades prácticas. Pola súa banda, o persoal investigador dará a coñecer os experimentos e proxectos que se estean desenvolvendo nas instalacións.
Venres 6 de novembro
Sábado 7 de novembro
Grupos de 15 persoas por quenda.
Lugar: Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), illa de Toralla (Vigo)
A inscrición é individual: cada persoa que participe, tamén as nenas e os nenos, necesita a súa propia inscrición. As persoas menores teñen que ir sempre acompañadas dunha persoa adulta, que tamén ten que estar inscrita. Tes dúbidas? Consulta as preguntas frecuentes.