Coñece o CIM no Campus 2026

← Volver ao inicio

Coñece o CIM no Campus 2026

Venres 6 de novembro de 2026

Abrimos as portas para amosar a ciencia en plena acción! Convidámosvos a descubrir como é o día a día nos nosos laboratorios, coñecendo de primeira man o traballo do persoal investigador e técnico que fai posible a investigación mariña no CIM.

Campus de Vigo

Durante o percorrido polos laboratorios do Campus de Vigo, as persoas participantes poderán descubrir de primeira man como se desenvolve a investigación mariña no CIM, achegándose a ámbitos tan diversos como a ecoloxía, a bioloxía, a xeoloxía, a zooloxía, a química ou a xestión do medio mariño e dos seus recursos.

Da man do persoal investigador e técnico, coñecerán os proxectos nos que traballan os diferentes grupos de investigación, descubrirán como se aplica o método científico e terán a oportunidade de participar en pequenos experimentos, xogos e actividades prácticas.

Quendas

  • Quenda 1: 10:00 a 12:30
  • Quenda 2: 10:30 a 13:00
  • Quenda 3: 11:00 a 13:30

Grupos de 15 persoas por quenda.

Punto de encontro: Vestíbulo do Edificio de Ciencias Experimentais, Universidade de Vigo

Campus de Ourense

No Campus de Ourense, as persoas participantes terán a oportunidade de visitar os laboratorios do grupo de investigación EPhysLab, onde descubrirán como se desenvolve o seu traballo e algúns dos seus proxectos.

Da man do persoal investigador, achegaranse ás técnicas e ferramentas que empregan no seu día a día e coñecerán como se estudan os procesos físicos relacionados co medio ambiente e o clima.

Horario por confirmar

A inscrición é individual: cada persoa que participe, tamén as nenas e os nenos, necesita a súa propia inscrición. As persoas menores teñen que ir sempre acompañadas dunha persoa adulta, que tamén ten que estar inscrita. Tes dúbidas? Consulta as preguntas frecuentes.

Inscricións

Campus de Vigo

Formulario inscrición

Quenda 1: 10:00 a 12:30 h

Formulario inscrición

Quenda 2: 10:30 a 13:00 h

Formulario inscrición

Quenda 3: 11:00 a 13:30 h

Logo Decenio
Logo Puerto de Vigo
Logo Parque Nacional Illas Atlánticas
Logo CIM
Logo Campus do Mar
Logo GUS
Logo UE
Logo Fondos Europeos