Tras o éxito das anteriores edicións, volvemos embarcarnos nunha campaña científica pola ría de Vigo a bordo do barco escola Nautilus, da empresa Ocean Secrets, para ofrecer á cidadanía a oportunidade de converterse en oceanógrafa ou oceanógrafo por un día.
Ao longo da travesía, percorreremos diferentes puntos de mostraxe e lugares de interese científico para descubrir, da man do noso persoal investigador, algúns dos proxectos que se están a desenvolver na ría. Unha experiencia que permitirá coñecer de primeira man como se investiga no medio mariño, observar diferentes técnicas de mostraxe e achegarse á extraordinaria biodiversidade das nosas augas.
Quendas
Idade mínima recomendada: 5 anos
No barco non se poden levar carriños de bebé.
45 prazas por quenda.
Punto de encontro: estatua de Julio Verne, Náutico de Vigo. Hai que estar 15 minutos antes da saída.
A inscrición é individual: cada persoa que participe, tamén as nenas e os nenos, necesita a súa propia inscrición. As persoas menores teñen que ir sempre acompañadas dunha persoa adulta, que tamén ten que estar inscrita. Tes dúbidas? Consulta as preguntas frecuentes.