Embárcate ás Cíes co CIM 2026

← Volver ao inicio

Embárcate ás Cíes co CIM 2026

Domingo 8 de novembro de 2026

En colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, convidámosvos a descubrir un dos laboratorios naturais máis extraordinarios da nosa contorna: as illas Cíes.

Da man de guías acreditados polo Parque Nacional e de investigadores e investigadoras do CIM cunha ampla traxectoria de estudo nas illas, descubriremos os segredos que agochan a súa xeoloxía, os seus ecosistemas e a súa biodiversidade mariña. Ao longo da visita, coñeceremos tamén as investigacións que o CIM desenvolve neste enclave, nunha experiencia que combina natureza, coñecemento e divulgación científica para descubrir as Cíes como nunca antes as vimos.

Horario: 09:00 a 14:00

Saída e chegada: Estación de Ría (Vigo)

Prezo: 8 € por persoa

250 prazas.

A inscrición é individual: cada persoa que participe, tamén as nenas e os nenos, necesita a súa propia inscrición. As persoas menores teñen que ir sempre acompañadas dunha persoa adulta, que tamén ten que estar inscrita. Tes dúbidas? Consulta as preguntas frecuentes.

Foto: PNMTIAG

Coa colaboración de

Logo Parque Nacional Illas Atlánticas

Inscricións

Formulario inscrición

09:00 a 14:00 h

Así foi a actividade

Logo Decenio
Logo Puerto de Vigo
Logo Parque Nacional Illas Atlánticas
Logo CIM
Logo Campus do Mar
Logo GUS
Logo UE
Logo Fondos Europeos