Xornadas de Portas Abertas ECOBAS 2021

ECOBAS é un Centro de Investigación Interuniversitario, integrado por académicos/as das tres universidades galegas, que traballa no eido da sustentabilidade económica, ambiental e social co obxectivo de dar resposta ós grandes retos e desafíos da sociedade, abordándoos dende o punto de vista da investigación, a docencia, a innovación e a transferencia de coñecemento.

 

A mellora do capital humano constitúe un dos retos fundamentais para calquera organización, e ECOBAS non é unha excepción. Por iso poñemos en marcha unha serie de seminarios, entre os que se atopan “libra de oficio”. A expresión “libra de oficio” provén do refrán popular “Máis vale libra de oficio ca arroba de terra”, o cal ten o mesmo significado que “O saber vale máis có haber” ou “O saber vale máis có ter”.

Este refrán, baseado en unidades de medición tradicionais, destaca o concepto de formación vinculado a ECOBAS (oficio – saber) e manifesta a súa importancia no estudo na economía e da creación de riqueza.

Seminario de transferencia “Libra de Oficio” – Bodegas Martín Códax – Juan Vázquez Gancedo (Director Xeral) – 23 novembro

DATA: Martes 23 de novembro

DÍA: Martes 23 de novembro
HORA: 17:30h
LUGAR: Bodegas Martín Códax (Cambados)
Localización Bodegas Martín Códax en Google Maps
Burgáns, 91, 36633 Vilariño, Cambados, Pontevedra
________

Nesta ocasión trátase dunha xornada especial na que teremos actividades ó longo de toda a tarde.

Para asistir será preciso inscribirse 
a través do enlace que atoparás ó final desta páxina e as prazas serán asignadas por estrita orde de inscrición. Unha vez completadas, habilitarase unha listaxe de agarda por se houbera algunha cancelación.

O programa da xornada será o seguinte:

  • 17.30 h: Relatorio de Juan Vázquez Gancedo, director xeral da Sociedade Cooperativa de Viticultores Matín Códax dende 1995. Vázquez Gancedo é, ademais, profesor no Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da Universidade de Santiago de Compostela, e no Máster de Viticultura e Enoloxía da Universidade Politécnica de Madrid.
  • 18.30h: Visita ás bodegas e cata de viños de colleita propia
  • 19.45: Degustación dun pequeno ágape nas propias instalacións da bodega. Haberá opcións veganas e/ou vexetarianas, e para persoas con algunha intolerancia alimentaria, para o que será preciso indicar estas particularidades ó facer a inscrición.

Para facilitar o desprazamento a Cambados temos previsto un servizo de autobús totalmente gratuíto con saída dende A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra para as persoas que queiran asistir, e que previamente así o soliciten ó facer a súa inscrición.

Nesta ocasión o seminario non será retransmitido, polo que so se poderá asistir presencialmente.

Lembramos que é obrigatorio inscribirse previamente, antes do 17 de novembro, a través do formulario habilitado para tal fin. ¡Non quedes sen a túa praza!

Documentación asociada

Nos arquivos adxuntos atoparás unha breve biografía do relator, así coma os horarios previstos para os desprazamentos dende A Coruña/Santiago e Vigo/Pontevedra.

Inscrición

LIBRA DE OFICIO – Seminarios de transferencia de ECOBAS – Muuhlloa – Cooperativa – 9 novembro

Chusa Expósito Casal e Carmela Valiño Vázquez , presidenta e secretaria da Cooperativa Muuhlloa, falarán do funcionamento da súa cooperativa, que traballa día a día para a revitalización do rural a través da innovación e a produción ecolóxica.

Teremos agasallos para os 20 primeiros inscritos e sortearase unha cesta de produtos da cooperativa entre todos os asistentes.

LUGAR: Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC (Santiago de Compostela)
DATA: Martes 9 de novembro
HORA: 19:00 horas

O evento poderase seguir a través de streaming pola canle de YouTube da USC

Haberá transporte de balde desde as cidades galegas para poder asistir. Infórmate no formulario de inscrición.

A expresión “libra de oficio” provén do refrán popular “Máis vale libra de oficio ca arroba de terra”, o cal ten o mesmo significado que “O saber vale máis có haber” ou “O saber vale máis có ter”.
Este refrán, baseado en unidades de medición tradicionais, destaca o concepto de formación vinculado a ECOBAS (oficio – saber) e manifesta a súa importancia no estudo na economía e da creación de riqueza.

Documentación asociada

Inscrición

Presentación de SAVES (Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social) – 26 outubro

SAVES: A ferramenta dixital máis innovadora para o Cooperativismo galego 

LUGAR: Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo
DATA: Martes 26 de Outubro de 2021

PROGRAMA:

12:00 Acto de apertura 
a cargo do Reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger

12:15 
Presentación de SAVES: Asistente Virtual do cooperativismo e a Economía Social
Presenta:
María José Cabaleiro Casal
Profesora da Universidade de Vigo e Investigadora principal de  SAVES
Intervencións:
– Belén Lemos García
Coordinadora técnica de equipo SAVES
– Carlos Iglesias Malvido
Profesor da Universidade de Vigo e investigador de SAVES)
– Representante da Consellería de Emprego e Igualdade: Economía Social.
– Celso Gándara Carnero
Presidente do Foro para Economía Social de Galicia

13:00

Conferencia:
Muller e igualdade na empresa cooperativa galega
Presenta: Consuelo Currás del Valle
Directora da Escola Univesitaria de Estudos Empresariais da Uvigo
Ponente:
Carmen Rodríguez Rodríguez
Presidenta de Mulleres de Seu e Vicepresidenta de CLUN

13:30
Peche do Acto
Reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger

 

 

Accede dende aquí ao programa, formulario de inscrición e a información sobre o lugar do evento.

‘LIBRA DE OFICIO – Seminarios de transferencia de ECOBAS – Elena Ferro’ – 21 setembro

A artesá de Merza conversará cos asistentes ó seminario sobre Eferro, a empresa familiar con máis de cen anos de tradición no oficio dos zocos.

 

LUGAR: Museo do Pobo Galego
DATA: Martes 21 de setembro
HORA: 16:30 horas

 

Retransmisión en directo a través de UVigoTv

 

A expresión “libra de oficio” provén do refrán popular “Máis vale libra de oficio ca arroba de terra”, o cal ten o mesmo significado que “O saber vale máis có haber” ou “O saber vale máis có ter”.
Este refrán, baseado en unidades de medición tradicionais, destaca o concepto de formación vinculado a ECOBAS (oficio – saber) e manifesta a súa importancia no estudo na economía e da creación de riqueza.

 

Documentación asociada

‘Acto de apertura curso académico’ – 2021/2022

Máster Interuniversitario en Economía

 

Coa aula maxistral de Antón Costas – Catedrático de Política Económica da Universidade de Barcelona e Presidente do CES (Consejo Económico y Social de España)

 

Día: 17 de setembro
Hora: 11:30 am – 1:30 pm
Lugar: Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo

 

En directo a través de UVigoTV https://tv.uvigo.es/live/5b60870c8f4208dd20625884


Documentación asociada

Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
Promover o Desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade
“Unha maneira de facer Europa”