Coñece o CIM na rúa 2026

← Volver ao inicio

Coñece o CIM na rúa 2026

Venres 6 de novembro de 2026

A ciencia volverá saír ao encontro da cidadanía cunha proposta chea de descubrimentos, curiosidades e experiencias participativas. A través de xogos, experimentos e obradoiros interactivos, persoas de todas as idades poderán achegarse á investigación mariña que desenvolvemos no CIM dun xeito divertido e accesible.

O noso persoal investigador converterase en guía desta aventura científica, convidando ao público a explorar ámbitos tan diversos como a xenética, a ecoloxía, a acuicultura, a química, a física ou a fisioloxía. Unha oportunidade para experimentar, preguntar, sorprenderse e descubrir que a ciencia mariña está moito máis preto do que imaxinamos.

Horario: 17:00 a 20:30

Lugar: Centro comercial A Laxe (Vigo)

Acceso libre, sen inscrición previa.

Así foi a actividade

Logo Decenio
Logo Puerto de Vigo
Logo Parque Nacional Illas Atlánticas
Logo CIM
Logo Campus do Mar
Logo GUS
Logo UE
Logo Fondos Europeos