Descubre a vida mariña que se agocha baixo as augas do Porto de Vigo! Da man do persoal investigador do CIM, as persoas participantes poderán coñecer o visor submarino Nautilus, unha singular infraestrutura desenvolvida pola Autoridade Portuaria de Vigo que conta cunha ventá de 19 metros de lonxitude para observar o fondo mariño.
A través deste espazo, poderán contemplar a fauna e a flora intermareal e submareal do porto e descubrir as estruturas biomiméticas deseñadas polo CIM para favorecer a biodiversidade nas zonas portuarias.
Quendas
25 prazas por quenda.
A inscrición é individual: cada persoa que participe, tamén as nenas e os nenos, necesita a súa propia inscrición. As persoas menores teñen que ir sempre acompañadas dunha persoa adulta, que tamén ten que estar inscrita. Tes dúbidas? Consulta as preguntas frecuentes.