CINTECX 2019

“Buscamos transmitir á sociedade en xeral non só todas as actividades que realizamos, senón tamén que a tecnoloxía nos axuda a conseguir unha sociedade industrial e sostible comprometida coa conservación do planeta”. Así explica José Luis Martínez Lastra, director do Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial (CINTECX), as actividades que o centro está a desenvolver ao abeiro do programa Divulgando Ciencia Singular e que arrancaron este xoves coa visita de máis dun cento de estudantes do IES do Castro de Vigo. Ao longo da mañá as rapazas e rapaces coñeceron da man do persoal investigador diferentes laboratorios e proxectos que se están a levar a cabo por grupos relacionados coa enxeñaría industrial e a enxeñaría de minas e enerxía.

 

Con actividades visuais e prácticas, o alumnado achegouse, por exemplo, ao ámbito da enxeñaría biomédica e os biomateriais e as súas achegas na mellora da calidade de vida da sociedade. Os mozos e mozas tamén analizaron o uso de recursos mariños con fins biotecnolóxicos e ambientais e viviron experiencias prácticas sobre cuestións relacionadas coas reaccións químicas de combustión. Puideron tamén realizar ensaios básicos con mostraxes reais sobre o comportamento do macizo rochoso no laboratorio de mecánica de rochas e probaron os métodos empregados para a avaliación de calquera tratamento de conservación de patrimonio cultural como os graffitis.

 

“Os rapaces e rapazas están vivindo con preocupación a situación actual en canto ao cambio climático se refire. Por iso quixemos ensinarlles como a tecnoloxía resultante da investigación na área industrial, enerxética e de proceso pode axudar nun dos maiores retos ao que nos enfrontamos como sociedade, como é solucionar, ou polo menos diminuír, os efectos dunha sociedade industrial dende un punto de vista medioambiental”, salientou Lastra.

1ª edición de CINTECX Challenge

 

A divulgación do traballo realizado no CINTECX continuará ao abeiro dun plan de divulgación e transferencia á sociedade de tres anos de duración, co que se intentará chegar a todos os segmentos de idade da poboación. Así, tras as actividades con rapaces e rapazas, poranse en marcha outras accións dirixidas a persoas en idade laboral centradas “na inquedanza de como pode afectar aos seus postos de traballo unha sociedade dixitalizada e robotizada” e á poboación sénior, que poderá comprobar “como a investigación do noso centro pode beneficialos”.

 

Por outro lado, o centro singular porá en marcha a 1ª edición de CINTECX Challenge, un certame centrado en proxectos do campo das tecnoloxías industriais que busca a promoción de propostas de proxectos colaborativos. A temática escollida para este ano serán os ‘Xemelgos Dixitais’, motivada polo continuo avance da dixitalización de procesos no sector industrial. Unha parte importante deste proceso é a creación de réplicas dixitais de organismos vivos ou artificiais, como produtos, servizos, sistemas… que serven de escenario de experimentación. O concurso está aberto a todos os grupos de investigación do CINTECX e valorará a colaboración con persoal investigador doutros grupos da Universidade de Vigo ou externos. O proxecto gañador contará cunha axuda de 25.000€ e será presentado ao público en xeral na vindeira edición de Divulgando Ciencia Singular.

Actividades

Enxeñaría Biomédica – Biomateriais

A enxeñaría biomédica achega solucións a moitos problemas clínicos actuais e contribúe á mellora da calidade de vida da sociedade.

 

Nesta actividade ofrécese unha visión da contribución da ingeniería ao ámbito da saúde, mostrando un abanico de dispositivos biomédicos, como prótesis, implantes, stents, marcapasos e biomateriales.

BIOSUV – Uso de recursos mariños con fins biotecnoloxicos e ambientais

Esta actividade está enfocada a analizar o uso dos recursos mariños con fins biotecnológicos e/ou ambientais.

GTE – Combustión

O obxectivo fundamental desta experiencia é fortalecer a adquisición de certos coñecementos básicos relacionados coas reaccións químicas de combustión. A vía para conseguir este fin é a realización de experiencias prácticas atractivas visualmente de modo que esperten o interese do alumnado.

 

Exemplos: Práctica con encendedor Bunsen, Whoosh bottle. Chamas de cores e Fire tornado, entre outros.

En busca da explotación de recursos enerxéticos sustentables

A mecánica de rocas permite cuantificar propiedades como a resistencia a compresión, a tracción, permeabilidad, etc. que se empregarán en diferentes aplicacións prácticas por exemplo, propoñer as mellores técnicas de extracción, establecer o comportamento do macizo rocoso e/ou realizar simulaciones con distintos escenarios, que conllevarán á determinación da estabilidade dunha mina ou obra. Á súa vez tamén se poderán esclarecer as causas de sucesos pasados, como caídas de noiros, túneles, etc.

 

Nesta actividade, os asistentes poderán coñecer o funcionamento dun laboratorio de mecánica de rocas e realizar ensaios básicos en mostras reais. Coñecerán a importancia da mecánica de rocas no desenvolvemento tecnolóxico.

Conservando o patrimonio construido

A conservación do patrimonio construído implica o emprego de diferentes tipos de materiais: rocas, pinturas, produtos consolidantes, etc. Nesta actividade os asistentes poderán coñecer os entresijos dun laboratorio centrado na avaliación da eficacia de procedementos de limpeza e conservación empregados, por unha banda en  rocas do patrimonio e por outro, en pinturas murales pertencentes a arte urbana ou street art.

 

Presentarase a metodoloxía empregada para evaluar calquera tratamento de conservación e os asistentes poderán empregar equipos de laboratorio como lupas binoculares, espectrofotómetros, etc.

Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
Promover o Desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade
“Unha maneira de facer Europa”