‘Cinbio conCiencia. Investiga connosco’ (Vigo)
O venres 19 de outubro CINBIO colocará unha carpa na rúa do Príncipe, en Vigo, para dar a coñecer este centro multidisciplinar á sociedade. O horario da carpa será de 16.00 a 20.00 h.
Esta acción completarase cunha xornada de portas abertas nas instalacións de CINBIO no campus vigués o venres 26 de outubro de 16.30 a 20.00 horas. Haberá 3 grupos de 15 persoas cada un que irán rotando para participar nas dúas charlas de 20 minutos e nos dous talleres de 40 minutos previstos. A xornada inclúe un taller e unha merenda saudable de 45 minutos.
As actividades serán as seguintes:
- Taller en laboratorio ‘As túas células e os seus xenes’, relacionado con Single Cell sequencing.
- Taller en laboratorio sobre ‘Preparación de nanopartículas de ouro’, relacionado con Coloides.
- Charla ‘Arquitectos moleculares’, relacionada coa Química Orgánica.
- Charla ‘Medicina e saúde: os datos contan’, relacionada coa apnea do sono dende o eido da Bioestatística e en colaboración co Sergas.
O programa da xornada será:
- 16.30-16.45 h. Benvida da directora do Cinbio, África González, no salón de actos da Facultade de Bioloxía.
- 17.00-17.45 h. Actividade 1.
- 17.45-18.30 h. Taller e merenda saudable.
- 18.30-19.15 h. Actividade 2.
- 19.15-20.00 h. Actividade 3.
Consulta aquí os horarios das liñas de autobuses para chegar ao campus universitario: