Xornadas de Portas Abertas CIM 2019

O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo pon en marcha esta serie de actividades de balde co obxectivo de dar a coñecer a investigación mariña de vangarda que se leva a cabo na Universidade de Vigo e a súa importancia de cara á sociedade, así como as instalacións da Estación Ciencias Marinas de Toralla (ECIMAT) como principal infraestrutura de investigación do CIM. Tamén se procura divulgar aspectos científicos do medio mariño relacionados coa ría de Vigo. A participación nestas actividades implica necesariamente a autorización á organización para a obtención de fotografías e a gravación de vídeo, que serán utilizados nas webs da Universidade de Vigo e nas súas redes sociais.

 

CAMBIO DE DATAS!!  Esta xornada divulgativa terá lugar os días 29 e 30 de novembro de 2019* e constará de tres actividades diferentes:

 

– “Embárcate co CIM”: Actividade de 2h y 30 minutos de duración que comprende un traxecto en barco dende A Laxe a ECIMAT, visita ao centro, actividades guiadas e regreso a A Laxe.

– “Coñece o CIM en Toralla”: Actividade de 1 h de duración que comprende unha visita guiada ás instalacións do CIM en Toralla.

– “Coñece o CIM no Campus”: Actividade de 1 h de duración que comprende unha visita guiada ás instalacións do CIM no Campus Universitario de Vigo.

 

Para participar nas actividades é obrigatorio inscribirse previamente. Pode atopar os formularios de inscrición máis abaixo, na descrición de cada actividade.

*Esta nova data pode estar suxeita a cambios debido a cuestións meteorolóxicas.

‘Embárcate co CIM’ – Sábado 30 de novembro de 2019

Durante 3h as persoas participantes nesta actividade poderán desfrutar da combinación de diferentes experiencias:

  • Traxecto en barco-aula dende o peirao de A Laxe ata a ECIMAT. Durante o percorrido as persoas participantes poderán aprender cuestións interesantes sobre a ría de Vigo e descubrir o funcionamento dun robot subacuático.
  • Visita guiada pola ECIMAT da man de investigadores do CIM e especialistas en divulgación mariña.
  • Actividade interactiva de laboratorio relacionada coa investigación diaria que se realiza no centro.
  • Regreso á Laxe. Durante o traxecto recollerase unha mostra de zooplancton da ría cunha manga e observarase a través dunha lupa binocular.

 

Horarios (actualizado): dous turnos pola mañá, e outro pola tarde. Os horarios de saída serán ás 09:00h e 12:15h pola mañá, e ás 15:30 pola tarde.

Primeira quenda: 09:00h – 12:00h

Segunda quenda: 12:15h – 15:15h

Terceira quenda: 15:30h – 18:30h

Inscricións pechadas

‘Coñece o CIM en Toralla’ – Venres 29 de novembro de 2019

Farase unha xornada de portas abertas na ECIMAT, con visitas guiadas para grupos de ata 40 persoas por quenda.

 

Estes percorridos terán 1h 15 min de duración e nelas as persoas participantes poderán coñecer as instalacións do CIM e a algúns membros do seu equipo investigador. Visitarase, por exemplo, o peirao, os laboratorios húmidos e secos, as cámaras de cultivo de fitoplancton e zooplancton, a sala de maquinaria…

 

Horario:

Primeira quenda: 12:00h – 13:30h

Segunda quenda: 15:30h – 16:45h

Terceira quenda: 17:00h – 18:15h

 

Inscricións pechadas

Preséntate oa final da ponte da illa de Toralla

(10 minutos antes da actividade)

‘Coñece o CIM no Campus’ – Venres 29 de novembro de 2019

Farase unha xornada de portas abertas no Campus, con visitas guiadas para grupos de ata 50 persoas por quenda.

 

Este percorrido terá 1h 30 min de duración e nel as persoas participantes poderán coñecer as instalacións do CIM no Campus visitando as inslalacións e laboratorios de catro grupos de investigación na Torre Cacti.

 

Horario:

Horario da actividade: 16:30h – 18:00h (actualizado)

 

Inscricións pechadas

Logo CIM
Logo Campus do Mar
Logo Xunta
Logo GUS
Logo UE
Logo Fondos Europeos