Demostracións prácticas e pedagóxicas sobre o funcionamento das novas tecnoloxías. Máis información proximamente.
15 de novembro de 2019
Descobre o traballo que se realiza no CIM e a súa importancia para a sociedade mentres visitas as súas instalacións cunha combinación de diferentes experiencias.
29 e 30 de novembro de 2019
Investiga co CINBIO durante as súas xornadas de portas abertas en Vigo e en Ourense, durante as que se desenvolverán diferentes actividades e obradoiros.
Ourense: 22 e 29 de novembro de 2019
Vigo: 28 de novembro e 5 de decembro de 2019
O CINTECX incorpórase á celebración das xornadas de Portas Abertas dos Centros Singulares de Investigación da Universidade de Vigo, cunha oferta de actividades variadas e representativas das súas áreas de traballo.
12 de diciembre de 2019
Centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación que desenvolve a súa actividade científica no ámbito da privacidade e da seguridade, as tecnoloxías multimedia, as redes de datos, os e-servizos, a bioenxeñaría, o radar e as comunicacións por satélite e radio e ópticas.
Centro de investigación mariña con liñas de investigación relacionadas coa biodiversidade e a ecoloxía, coa calidade ambiental e a contaminación mariña, coa explotación sustentable dos recursos mariños, a observación do océano e do cambio global e a xestión integral da zona costeira.
Centro multidisciplinar que nace da necesidade de dotar dun equipamento e infraestrutura común ao persoal investigador especializado en biomedicina. Ofrece servizos de investigación e conta con instalacións bio-experimentais e cun laboratorio BSL3, único no noroeste peninsular.
Infraestructura de apoio á investigación, desenvolvemento e transferencia no campo das tecnoloxías, enerxías e procesos ndustriais.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA Á SOCIEDADE DOS CENTROS SINGULARES DE INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO