CINBIO

O Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo organiza varias actividades de balde nas cidades de Vigo e Ourense co obxectivo de achegar á sociedade en xeral a labor e o traballo que desenvolve nas súas intalacións. 

 

 

As actividades serán as seguintes:

Ourense

22

de novembro de 2019

Punto de información en carpa no paseo de Ourense, de 17:00h a 20:30h.

29

de novembro de 2019

Xornada de portas abertas no Politécnico de Ourense, de 16:30h a 19:00.

Vigo

28

de novembro de 2019

Punto de información en carpa na rúa Príncipe (Vigo), de 17:00h a 20:30h.

5

de decembro de 2019

Xornada de portas abertas no Centro de Investigacións Biomédicas, situado no campus da Universidade de Vigo, de 16:30h a 19:30h.

‘Actividades CINBIO 2019’ (Ourense)

O venres 22 de novembro o centro de investigación colocará unha carpa na rúa Paseo de Ourense, que estará aberta ao público de 17:00 a 20:30 horas.

 

De forma complementaria, o venres 29 de novembro realizaranse diversas actividades relacionadas coa bioinformática e os produtos bioactivos no Politécnico de Ourense de 16:30 a 19:00 horas.

 

As actividades serán as seguintes:

  • Taller ‘Biomoléculas activas no teu día a día’, sobre prebióticos/antioxidantes e relacionado co eido da Enxeñaría química.
  • Taller ‘Intelixencia Artificial no ámbito sanitario’, a cargo do grupo de Sistemas Informáticos de Nova Xeración, SING.

Inscríbete aquí na xornada de portas abertas en Ourense!

(Para darse de baixa enviar un correo a info@cienciasingular.gal)

‘Actividades CINBIO 2019’ (Vigo)

O xoves 28 de novembro CINBIO colocará unha carpa na rúa do Príncipe, en Vigo, para dar a coñecer este centro multidisciplinar á sociedade. O horario da carpa será de 17.00h a 20.30h.

 

Esta acción completarase cunha xornada de portas abertas nas instalacións de CINBIO (Centro de Investigación Biomédica) no campus vigués o xoves 5 de decembro de 16:30 a 19:30 horas. As 16:30h terá lugar a Recepción no salón de actos da Facultade de Bioloxía, e os talleres no edificio CINBIO.

 

As actividades serán as seguintes:

  • Taller en laboratorio ‘As túas células e os seus xenes’, relacionado con Single Cell sequencing.
  • Taller en laboratorio sobre ‘Preparación de nanopartículas de ouro’, relacionado con Coloides.
  • Charla ‘Arquitectos moleculares’, relacionada coa Química Orgánica.
  • Charla sobre la síntesis de fármacos.

 

 

Consulta aquí os horarios das liñas de autobuses para chegar ao campus universitario:

 

U1 Lanzadeira Praza América. / U2 Lanzadeira Praza España. / L8. / L15C.

Inscríbete aquí nas xornadas de portas abertas en Vigo!

(Para darse de baixa enviar un correo a info@cienciasingular.gal)

Para máis información sobre as actividades, podes contactar no email

cinbio@uvigo.es

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA Á SOCIEDADE DOS CENTROS SINGULARES DE INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO