atlanTTic

XORNADA DE PORTAS ABERTAS  – venres, 9 de novembro de 2018

 

O centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, abrirá as súas portas ao público o vindeiro venres 9 de novembro entre as 16:00 e as 19:30 horas.

 

O persoal dos grupos que conforman o centro de investigación  explicarán o que facemos, como o facemos e onde o facemos. Falaremos dos proxectos nos que traballamos, amosaremos os nosos laboratorios, os equipos que usamos e  ofreceremos talleres, experimentos e actividades.

 

Será un xeito diferente de pasar unha boa tarde, coñecendo máis en detalle a tecnoloxía, a infraestrutura que dispomos e como non, a todos os que aquí traballan.

 

Todo isto de forma gratuíta e para toda a familia.

Actividades:

 

Realizaranse varias demostracións prácticas e pedagóxicas para facer comprender a todas as persoas interesadas o funcionamento de distintos aspectos das telecomunicacións. Os obradoiros serán os seguintes:

 

-> Impresión 3D
-> Fabricación de placas de circuíto impreso (PCBs)
-> Redes de comunicación 5G
-> Comunicacións ópticas
-> Se o vexo non o creo!
-> Apps accesibles
-> Intelixencia artificial aplicada á comunicación
-> Recoñecemento da fala e de persoas en contidos audiovisuais
-> Nanosatélites

 

Programa de actividades

Visitas guiadas:

 

Durante esta xornada poderanse tamén visitar os nosos laboratorios e espazos como:

 

-> Laboratorio de seguimento de satélites (*)
-> Cámara anecoica (*)

*As prazas son limitadas e as inscricións realizaranse in situ por rigorosa orde de chegada.

*A participación nestas actividades leva consigo o consentimento de que se tomen fotos e vídeos e de que estes poidan ser utilizados nas webs da Universidade de Vigo e nas súas redes sociais.

Tes pensado asistir a esta actividade?

 

Este formulario non é de inscrición, pero enchéndoo axúdasnos a facer unha estimación de participación. Moitas grazas!

Formulaio pechado.

Grazas por participar!!

Así foi a actividade

Como chegar:

 

ESCOLA DE ENXEÑERÍA DE TELECOMUNICACIÓNS
UNIVERSIDADE DE VIGO
Campus Lagoas-Marcosende, s/n
36310 Vigo
42.177862, -8.688083

 

Tamén hai dispoñibles varias liñas de transporte público que chegan ata o campus universitario. Consulta aquí os horarios:

O centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, realizará unha serie de desmostracións prácticas e pedagóxicas para facer comprender a todas as persoas interesadas o funcionamento de aspectos como as comunicacións ópticas ou por satélite, a detección de manipulacións en vídeos e fotografías, o recoñecemento biométrico a través de imaxes de vídeo, a futura xeración da telefonía móbil ou o 5G…. 

 

 

Estas demostracións prácticas realizaránse o venres 9 de novembro nas instalacións de atlanTTic no campus universitario de Vigo.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA Á SOCIEDADE DOS CENTROS SINGULARES DE INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO